Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CPR SANTIAGO APÓSTOL PARTICIPARON ESTA FIN DE SEMANA NA FINAL DO CLUB DE DEBATE
A edil de Política Lingüística, María Lorenzo, desprazouse ao Val do Dubra para animar ao equipo naronés
Narón, 15 de abril de 2024. Alumnado de terceiro curso da ESO do CPR Santiago Apóstol participou este sábado na final do Club de Debate. “Os Gandariños”, nome do equipo naronés integrado por oito menores, desprazáronse ao Val do Dubra con persoal do equipo directivo do centro e profesorado, entre eles a súa preparadora, Natalia Bacelo, e a concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, tamén se desprazou para animalos xunto coa técnica de Normalización Lingüística de Narón, María Adela Pita. “Dende o Concello estamos moi orgullosas e orgullosos de que representaran á nosa cidade nunha final que estivo moi reñida e na que a pesares de non alzarse co premio competiron con outros cinco equipos, o que representa xa de por si toda unha experiencia”, asegurou a edil. O certame, tal e como recordou María Lorenzo, pon en valor o uso oral da lingua galega e as habilidades para o razoamento e a argumentación da mocidade e o tema elixido foi se a supervivencia da lingua galega depende das persoas neofalantes. Os escolares naroneses competiron cos do IES Canido, de Ferrol; o CPI Bembibre, de Val do Dubra; o IES de Cacheiras, de Teo; p IES Terra de Xallas, de Santa Comba, e o IES Camilo José Cela, de Padrón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal